Turismo - Playas

Ir a: Inicio - Playas de Riveira - Playas de Finisterre

PRAIAS DE RIVEIRA

 
COROSO (Riveira)
 

Situación:
Entre os arrabaldes e a zona norte de Santa Uxía, na cara interior da ría de Arousa.
Accesos:
Pola Avenida da Coruña (estrada C-550), na entrada ó núcleo urbano en dirección a Riveira, desvío asfaltado e indicado á man esquerda; e á altura de Palmeira, desvío á man esquerda cara ó cámping de Coroso.
Características:
Dispón de amplos aparcadoiros, quioscos e establecementos de ocio, área de picnic, aseos e duchas, posto de vixiancia e salvamento, paseo e carril para bicicletas; 1,8 quilómetros de lonxitude e 22 metros de anchura media, area branca de grao medio, e excelentes condicións para o baño - mar en calma, auga a 13/14 Cº. Conta con Bandeira Azul da U.E. Cámping a 10 metros da praia.


 
VILAR (Riveira)
 

Situación:
Fachada atlántica, ó suroeste do concello de Riveira, zona de mar aberto e pertencente á parroquia de Carreira.
Acceso:
Pola vía principal do Cruce do Vilar a Outeiro, nesta dirección, desvío á man esquerda, asfaltado e indicado. Logo accédese a través das pasarelas de madeira habilitadas.
Características:
Areal principal (turisticamente) do Parque Dunar, recoñecido coa Bandeira Azul da U.E.; 800 metros de lonxitude, area branca e fina; posto de vixiancia e socorro, área de aparcadoiros, aseos e duchas, establecemento de ocio, área de merendoiros, condicións aptas para o baño pero con precaución - ondaxe medio a forte e augas a 13/14 ºC; condicións para a práctica de surf e windsurf, correntes e resaca forte en fases de baixamar.


 
LADEIRA (Corrubedo)
 
Situación:
Fachada atlántica, ó suroeste do concello de Riveira, zona de mar aberto e pertencente á parroquia de Corrubedo.
Acceso:
Pola estrada de Xarás ó Cruce de Olveira, en dirección a Corrubedo, desvío á man esquerda indicado; ou por Corrubedo, nun desvío a man esquerda entrando na parroquia desde Olveira.
Características:
1,5 quilómetros de lonxitude conforman a parte do esplendoroso areal do Parque Dunar que queda despois do Río do Mar, ata penetrar no Corrubedo semiurbanizado. O quilómetro de duna móbil érguese por detrás desta praia, de area branca e moi fina e unha ondaxe xa máis maina, gracias á curva que o litoral debuxa neste lado. Conta con chiringuito así como coa posibilidade de contemplar un solpor inesquecible, pois está orientada ó oeste, como o resto do quilométrico areal, un dos máis extensos de cantos podemos atopar en Galicia.

 
CORNA (Palmeira)
Situación:
Nordeste do concello de Riveira e lindando con Pobra do Caramiñal, en pleno núcleo urbano da parroquia de Palmeira, cara interior da ría de Arousa.
Acceso:
Pola estrada C-550 en dirección Pobra do Caramiñal, desvío asfaltado á man dereita na saída de Palmeira.
Características:
1,5 quilómetros de longo e 16 metros de anchura media, area fina e branca, con áreas de recreo, establecemento de ocio, posto de vixiancia e socorro, condicións apropiadas para o baño - augas tranquilas e 13/14 ºC de temperatura ; zona de fondeo. Cumpre requisitos de bandeira azul.

 
Mosqueiros (Castiñeiras)

Situación:
Cara interior da ría de Arousa, chegando á parroquia de Castiñeiras.
Acceso:
Pola estrada de Riveira a Aguiño por Castiñeiras, ó pe da calzada, á man esquerda, visible.
Características:
200 metros de lonxitude, 30 metros de anchura, area branca de grao medio-fino, condicións apropiadas para o baño - augas tranquilas a 13/14 ºC; a zona é pedregosa. Dispón dun quiosco para todo tipo de productos de refresco e dun pequeno paseo. As dornas fondeadas preto desta cala contribúen a darlle un sabor mariñeiro, clave para a gran tradición turística desta praia.


O Castro/A Catía (Aguiño)

Situación:
Sur do concello de Riveira, entre Castiñeiras e Aguiño, cara interior da ría de Arousa.
Acceso:
Pola estrada de Riveira a Aguiño por Castiñeiras, nesta dirección, distintos desvíos á man esquerda, asfaltados e algúns indicados.
Características:
1,2 quilómetros de lonxitude, area fina e branca, con posto de vixiancia e socorro, establecemento de ocio, aseos e duchas, condicións apropiadas para o baño - augas tranquilas a 14ºC. A parte norte, preto de Castiñeiras, recibe o nome de O Castro; a zona lindante con Aguiño coñécese como A Catía.


 
Couso (Aguiño)

Situación:
Pequenos areais ubicados ó longo dunha franxa no extremo sur do concello que percorre a costa esde a punta do peirao de Aguiño e a punta saínte de Couso.
Acceso:
Pola estrada de Aguiño a Carreira pola Graña, en dirección a Carreira, nun desvío asfaltado e indicado á man esquerda (para ir á de Couso); e indo ata o porto de Aguiño e seguindo un indicador do Peirao Fenicio que nos levará a xirar á dereita e a poucos metros á esquerda (para ir á cala de A Covasa).
Características:
Son de escasa lonxitude e anchura, bastante pedregosas e cunha area dourada de grao medio-groso. Na cala de A Covasa atópase o popular Peirao Fenicio de Aguiño. Pola zona atópanse outros restos de antigas fábricas de salgado, ou factorías en actual funcionamento. Isto non impide gozar dunha tranquilidade especial e dunhas augas apropiadas para o baño, a uns 15 ºC.

Cerrar Ventana

Ir a: Inicio - Playas de Riveira - Playas de Finisterre

PRAIAS DE FINISTERRE

LAGOSTEIRA
 
En el arco fisterrano
La playa de Lagosteira ocupa casi dos Km. de litoral. Lejos del oleaje y del viento a que se ven sometidas las playas de mar abierto, Langosteira se caracteriza por sus aguas tranquilas y cristalinas, así como por la calidad de la arena. En la parte norte hay un curioso cruceiro que parece presidir el arenal, llamado "Cruz de Baixar".
Cómo llegar
Se encuentra en la entrada de la villa de Fisterra.

 
ARNELA
Arena y acantilados
Encajonada entre acantilados, solitaria y desconocida, la playa de Arnela forma parte del privilegiado y numeroso grupo de playas de la Costa de la Muerte que todavía se encuentran en estado virgen. Suple la total falta de servicios con la blancura de la arena, la transparencia del agua y el silencio sólo roto por el romper del mar contra los acantilados.

Cómo llegar
Siguiendo la C-552 desde Fisterra, llegamos a la aldea de Caselas, donde hay que girar a la izquierda. A unos 2 Km. volvemos a girar a la izquierda (señalizado).

 
MAR DE FORA

Preciosa playa virgen, rodeada de acantilados, situada entre la península de Finisterre y el Cabo da Nave. Los amantes del senderismo y de los parajes inhóspitos encontrarán aqui un auténtico paraiso. Cómo llegar
Se encuentra en lado norte de la península de Fisterra.


 
O ROSTRO
La más salvaje y solitaria
En la península del Cabo Finisterre, solitaria y salvaje, la playa de O Rostro permanece igual que hace cientos de años. Es de mar abierto, por lo que conviene ser precavido al bañarse. Muy cerca encalló el barco de bandera panameña "Casón", obligando a evacuar a miles de personas en 1988. Si se decide a caminar por los acantilados del margen izquierdo le aseguramos que no olvidará las maravillosas e imponentes vistas del océano Atlántico y de los acantilados verticales, tapizados en verde. Caminando un poco más se llega hasta la preciosa playa de Arnela.

Cómo llegar
Siguiendo la C-552 desde Fisterra, llegamos a la aldea de Sardiñeiro, donde hay que girar a la izquierda. A unos 4 Km. volvemos a girar a la izquierda (señalizado).

 
SARDIÑEIRO

Características:
Playa en entorno urbanizado; con un paseo marítimo reciente, construido en madera, y con un pequeño y cuidado parque. En forma de concha, con base de arena de color blanco, y protegida. Tiene servicio de vigilancia (Cruz Roja) durante el verano, y presencia de Policía que patrulla la playa. Puesto de la Cruz Roja, limpieza diaria. Puerto deportivo más próximo: Muros.


 
DA RIVEIRA


  RESTRELO

Ir a: Inicio - Playas de Riveira - Playas de Finisterre

Cerrar Ventana

sitemap